Derradeiros días para inscribirse no Campamento de Verán de Chandrexa de Queixa

RibeiraSacraXa
A actividades desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de mañá
campamento-actividades-nenos
24 Jun 2026

O Concello de Chandrexa de Queixa lembra que están nos derradeiros días para inscribirse no Campamento de Verán, unha actividade incluída no programa “Concilia Verán Chandrexa 2026”.

O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. A actividade comezará o 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. O número máximo de prazas será de 11 rapaces e rapazas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este mércores 25 de xuño. As inscricións deberán realizarse de forma individual polo pai, nai ou titor/a legal, a través da Sede Electrónica do Concello ou de maneira presencial nas oficinas municipais.

As prazas cubriranse por orde de inscrición e terán preferencia as persoas veciñas de Chandrexa de Queixa fronte ás non empadroadas. O modelo de ficha de inscrición está dispoñible na Sede Electrónica do Concello.

0.14224910736084