Novas de Manzaneda
O Concello de Manzaneda e a Xunta avalían a posibilidade de construír un depósito de abastecemento de auga no municipio
Nun encontro entre o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente tamén se trasladou a posibilidade de renovar as tubaxes da rede, así como desenvolver accións de restauración forestal e ambiental en Cabeza de Manzaneda
A Deputación de Ourense e o Concello de Manzaneda reforzan a súa colaboración
O presidente provincial, Luis Menor, e o novo alcalde de Manzaneda, Pedro Yáñez, mantiveron un primeiro encontro no que abordaron as principais necesidades do municipio
O BNG saca adiante no Senado unha iniciativa para recuperar as comunicacións nas zonas afectadas polos incendios
A moción céntrase especialmente na situación de varios municipios das provincias de Lugo e Ourense, onde os lumes danaron infraestruturas clave de telecomunicacións
A Deputación e o Eixo Atlántico lanzan un novo modelo de turismo sostible na provincia
A iniciativa propón un modelo alternativo ao turismo de masas, baseado na identidade do territorio e no respecto activo polo seu patrimonio, a súa paisaxe e os seus habitantes
O BNG esixirá no Senado garantir as conexións de internet e telefonía móbil no rural galego afectado polos incendios
Advirten de que hai lugares que se atopan nunha “incomunicación total” meses despois da vaga de lumes, especialmennte en concellos como Trives, Manzaneda, A Mezquita ou Chandrexa de Queixa
Medio Rural asumirá os traballos de matemento da OU-44014, entre A Corredoira, Borruga e Langullo, en Manzaneda
A inversión prevista para esta actuación é de aproximadamente 48.000 euros
O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a “precariedade” dos servizos de saúde no oriente da provincia
Os socialistas súmanse á protesta convocada en O Barco este sábado para pedir solucións á situación sanitaria nas comarcas de Valdeorras, O Bolo e Trives
Activado o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Ourense
A plan permitirá arantir a seguridade nos 1.000 quilómetros de vías provinciais con risco de neve e xeo
A Plataforma Sanitaria de Valdeorras pon autobuses gratuítos desde Manzaneda e Trives para asistir á manifestación deste sábado
A mobilización terá lugar no Barco e busca reivindicar a mellora da atención nesta área sanitaria
Manzaneda adecúa o Curro de Pastores A Mosenda
O proxecto busca poñer en valor o patrimonio rural da zona e incluíu a construción dunha pérgola aberta para facilitar o manexo do gando e a mellora ambiental da cuberta da choza
Manzaneda e a Xunta asinaron un convenio de máis de 80.000 euros para reparar os danos causados polos incendios
O acordo permitirá cobrir ao 100% os custos derivados das actuacións realizadas nos días dos incendios, así como as obras de reparación de camiños e pistas municipais danadas polo uso de bulldozers durante as labores de extinción
Manzaneda avanza na mellora da cobertura de telefonía e internet en varios puntos do municipio
O Concello vén de instalar unha torre en Palleiros, que permitirá mellorar a cobertura na parroquia de Raigada e a súa contorna
A Deputación de Ourense abre un novo prazo de adhesión ao Plan de Lectura
Na primeira fase do programa xa se adheriron 85 concellos, e con esta ampliación poderán incorporarse tamén A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Entrimo, Manzaneda, Porqueira, Ramirás e Vilardevós
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza un curso de orientación en montaña en Manzaneda e A Pobra de Trives
Os participantes aprenderán a ler o terreo, trazar rutas e manter a calma ante situacións de desorientación
Os socialistas acusan ao PP de Ourense de “falta de transparencia” sobre o estado da Estación de Manzaneda tralos incendios
O PSdeG pide tamén explicacións polas demoras no proxecto de restauración de Noiro, en Barbadás
O incendio de Larouco convértese no máis grande da historia de Galicia con 20.000 hectáreas calcinadas
O lume, que se propagou por numerosos concellos ourensáns e afecta tamén ao municipio de Quiroga, supera xa ao de Chandrexa de Queixa, que leva arrasadas 17.500 hectáreas, mentres que o do Oímbra convértese no terceiro maior da historia da comunidade, afectando a 15.000 hectáreas
Os incendios deixan sen auga a Manzaneda
Grupos de voluntariado están a achegar garrafas e botellas de auga embotellada, que estarán dispoñibles esta pola mañá para a veciñanza
Reorganización da atención sanitaria na provincia de Ourense polos incendios: centralizarase nos centros de cabeceira
No caso dos centros de saúde de San Xoán de Río e de Manzaneda a atención centralizarase no centro de saúde da Pobra de Trives, mentres que a atención no centro de saúde de Chandrexa de Queixa quedará centralizada no centro de saúde de Montederramo
Con 16.000 hectáreas calcinadas, o incendio de Chandrexa de Queixa é xa o máis grande da historia de Galicia desde que hai rexistros
O lume avanza sen control e afecta tamén aos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza
As Xornadas de Folclore continúan o seu percorrido pola provincia marcadas polos incendios
A situación de emerxencia que se vive en Ourense a causa das lapas obrigou a cancelar onte o espectáculo previsto en Manzaneda e a suspender o desta noite en Verín
O incendio de Chandrexa de Queixa obriga a evacuar a Estación de Montaña de Manzaneda
O lume iniciado en Parafita queima xa 500 hectáreas que se suman ás 4.500 do foco de Requeixo, o que obrigou a evacuar aos nenos e nenas do campamento de verán de Manzaneda e afecta tamén á Pobra de Trives
Canceladas as Xornadas de Folclore previstas para hoxe en Manzaneda
O resto das actuacións mantéñense á espera da evolución dos lumes activos na provincia
A Xunta eleva a laranxa a alerta por calor en varias zonas de Ourense e Pontevedra
Quedan suspendidas as actividades deportivas no exterior durante todo o día en 58 concellos de Ourense e 16 do interior de Pontevedra
O subdelegado do Goberno en Ourense analiza co alcalde de Manzaneda o avance do programa Campus Rural no municipio
O programa permite a estudantes universitarios realizar prácticas en concellos de menos de 5.000 habitantes e ten como obxectivo fomentar a fixación de poboación no rural



