Novas de Manzaneda
Manzaneda afonda na memoria histórica coa presentación do libro 'El último maqui'
O xornalista Juan Carlos Alonso dará a coñecer a vida de Mario de Langullo, símbolo da loita antifranquista, nun acto o vindeiro mércores no Centro Interxeracional
Asinado o convenio para mellorar a conexión viaria entre Manzaneda e San Martiño
As obras, cun orzamento superior aos 180.000 euros, serán financiadas pola Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello
Manzaneda busca imaxes de mulleres locais para crear murais colaborativos sobre o seu papel no rural
O Concello fai un chamamento á veciñanza para que colabore achegando imaxes de mulleres de Manzaneda realizando tarefas tradicionais do campo ou actividades culturais representativas
35 concellos ourensáns recibirán axudas á adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos
Con estas achegas a Deputación atenderá o 100% das solicitudes presentadas, cun importe próximo a 100.000 euros
O Concello de Manzaneda participa no proxecto Soutolab para poñer en valor o papel da castaña no rural
Manzaneda e o seu territorio xogan un papel clave dentro do proxecto, que pon en valor espazos como os soutos centenarios, o monumento natural Souto de Rozavales
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
A Ruta do Viño Ribeira Sacra incorpórase ao club Rutas del Vino de España
En total, esta ruta abrangue 21 concellos situados entre o sur de Lugo e o norte de Ourense
O alumando de infantil e primaria do CEIP de Manzaneda participou nunha xornada de educación viaria
Os nenos e nenas participaron nun circuíto viario preparado para a ocasión, no que aprenderon normas básicas de circulación tanto para peóns como para ciclistas
O Oso de Salcedo e o Entroido Ribeirao estarán presentes nunha nova edición do ViBoMask
A cita por excelencia do Entroido galego regresa a Viana do Bolo e Vilariño de Conso para celebrar a súa décima edición coa presenza de dous dos entroidos máis emblemáticos da provincia de Lugo
A Asociación Ourensividad presenta un estudo pioneiro sobre a lonxevidade na provincia
Titulado “Ourense clave para a lonxevidade. O fenómeno dos centenarios”, aborda as claves que contribúen á lonxevidade na rexión a partir dunha serie de entrevistas exhaustivas a centenarios da provincia
A Xunta de Goberno da Deputación mobilizou máis de 1,2 millóns en axudas a entidades e concellos
No que atinxe á colaboración con diferentes entidades, destínanse 271.725 euros a axudas para a Asociación de Gandeiros Macizo Central (Agromacen), para O Gran Camiño e para a Estación de Inverno Manzaneda (Meisa S.A.)
O PSdeG esixe á Deputación de Ourense que active a comisión de traballo de Manzaneda aprobada en pleno
Denuncian as “continuas disfuncionalidades” na xestión da Estación de Montaña
As axudas ás asociacións de comerciantes da provincia de Ourense poderán solicitarse ata o 24 de abril
A Deputación de Ourense destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros para colaborar coas demandas das asociacións da provincia
Mobilízanse 784.524 en axudas a concellos, entidades deportivas e para o Plan Anual de Publicacións na provincia de Ourense
O goberno provincial sacou adiante tamén as bases reguladoras e convocatoria dun concurso para a selección de autores para a edición dun libro sobre a Vía da Prata
A Deputación de Ourense reivindica o potencial da provincia no eixo do turismo sostible
O presidente provincial participou nunha mesa de debate sobre turismo sostible, na que destacou os programas da Deputación en materia termal, así como outros atractivos da provincia, como a Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou a Vía da Prata
Centos de persoas achegáronse a Manzaneda para presenciar o tradicional desfile de fulións
Os tres fulións de Manzaneda (o da parroquia de San Martiño, o de Langullo-Parroquia de Cesuris e o da Mourela p´acá) estiveron acompañados de fulións de concellos veciños como Trives e Vilariño de Conso
Entra en funcionamento a nova Oficina Única Virtual de Atención ao Cidadán da provincia de Ourense
Trátase dunha plataforma integrada que permite á cidadanía dirixirse á Deputación mediante teléfono, correo electrónico, SMS, web, WhatsApp ou redes sociais
Máis de cen escolares de Allariz, Xinzo, Baltar e Maceda participan esta semana no programa EsquiOU en Manzaneda
O programa superará este ano a barreira dos 1.000 usuarios de toda a provincia
O PP da Pobra de Trives pide aclaracións sobre o estado da estrada que dá acceso á estación de Manzaneda
Instan "a todas as partes responsables a sentarse e dialogar na procura dunha solución equitativa para todos"
Manzaneda presenta o programa de actividades para o Entroido de 2025
O Fulión Tradicional do Entroido de Manzaneda regresa entre o 20 de febreiro e o 4 de marzo
Os entroidos tradicionais da provincia de Ourense promociónanse en Madrid
Manzaneda, Laza, Xinzo, Maceda ou Verín están presentes nunha mostra instalada na Casa de Galicia
O Concello de Manzaneda pide a cesión total da estrada de Paradela á Deputación de Ourense
Denuncian que, na parte que pertence ao concello da Pobra de Trives, a estrada presenta “grandes fochancas que impiden pasar o quitaneves"
IGV pide que se faga pública toda a información relativa á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
Denuncian “falta de transparencia” por parte da Xunta de Galicia, xa que a información non foi facilitada a todos os actores do territorio
Un cento de rapaces da provincia de Ourense participaron esta fin de semana no programa EsquiOU en Manzaneda
O programa EsquiOU reforzou este ano a súa aposta, superando por primeira vez a barreira das mil prazas



