Axenda
Quiroga acollerá unha xornada formativa sobre a elaboración de aceite de oliva virxe extra de calidade
A xornada contará coa participación de expertos galegos e portugueses e ten como obxectivo afondar nos aspectos técnicos e profesionais vencellados á produción deste produto
Quiroga celebrará o Entroido co tradicional concurso de comparsas
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 10 de febreiro
O Entroido de Budián regresa á parroquia de San Román de Acedre o 15 de febreiro
A xornada está organizada pola Asociación Cultural Entroido de Budián, en colaboración coa AVV de San Román de Acedre e co apoio do Concello de Pantón e a Deputación de Lugo
Organizan en Sober unha charla dedicada á antiga bailía templaria de Canaval
A actividade está organizada por O Colado do Vento e Segredos de Pantón e terá lugar o 24 de xaneiro no local social de Canaval
A Pobra do Brollón acolle este martes unha charla sobre comunidades enerxéticas
Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e está aberta a toda a veciñanza interesada en asistir
Carballedo prepárase para recibir aos Reis Magos
Estarán este domingo na Residencia de Maiores e na Casa do Concello
María José Tardáguila presenta a súa novela histórica ‘1140’ na Pobra do Brollón
Será este venres pola tarde na Casa da Cultura ‘Olga Novo’
O Nadal continúa no Saviñao con obradoiros e esperada chegada dos Reis Magos
Para este venres hai programados dous obradoiros en Currelos e Escairón, e o luns chegarán os Reis coa súa cabalgata
Courelando organiza a tradicional Subida a Formigueiros para celebrar o Aninovo
Será o 1 de xaneiro e hai que anotarse previamente
O espectáculo infantil “A fantasía do Nadal” chega esta tarde a Monforte
Terá lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro e a entrada será libre e gratuíta
A compañía Galeatro leva a Taboada a función ‘Berenguela na gaiola’
A representación, galardoada co IV Premio Manuel María de Teatro, terá lugar este domingo no Cuartel Vello
Os Reis Magos visitan Bóveda o 5 de xaneiro
As súas Maxestades estarán acompañadas por Felipe Díaz, coñecido como Caxoto, que representará o espectáculo 'Un paxe real en apuros'
Peitoescuro actúa este domingo na Pobra do Brollón
Será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, onde tamén estará dispoñible o Mercado Circular de Nadal
Carballedo organiza un Bingo Solidario o próximo 4 de xaneiro
Os Reis Magos visitarán ese mesmo día a Residencia de Maiores e o Concello
Os nenos e nenas de Monforte teñen unha cita co teatro este venres
A compañía Títeres Cachirulo presentará a súa función “O ladrón de xoguetes” na Casa da Cultura
A exposición ‘O fin do Camiño’ poderá verse en Bóveda ata o 15 de xaneiro
A mostra inclúe fotografías dos artistas galegos Eduardo Ochoa e Carlos Puga sobre os aspectos humanos e monumentais dos Camiños a Compostela
Chandrexa de Queixa acollerá este sábado un espectáculo familiar de teatro
Culturactiva Producións levará ao edificio multiusos a comedia familiar ‘Saaabor de Nadal’
Dous grupos monfortinos amenizarán o Nadal con concertos na rúa
Deloreans e Malenne actuarán na rúa Cardenal os días 26 de decembro e 2 de xaneiro, respectivamente
Quiroga celebra a 11ª San Silvestre Solidaria o 31 de decembro
Para participar só será necesario entregar 2 quilos de alimentos non perecedeiros que serán destinados ás familias máis necesitadas do Concello
RibeiraSacraXa
Coureleando organiza unha ruta de sendeirismo en Leiro para despedir o ano
Os participantes coñecerán zonas como Ponte da Cruz e Pozo dos Fumes
Papá Noel visitará este martes aos nenos e nenas de Quiroga
Estará a partir das 17.30 horas no Campo da Feira
Pantón organiza un obradoiro de defensa persoal para mulleres
Será o próximo sábado, 27 de decembro, e será preciso inscribirse previamente





