Axenda
A Pobra do Brollón convoca unha concentración este martes co gallo do 25N
Será ás 12:00 horas diante do Concello
O XVI Concurso de Tapas da Guimaralia xa ten datas de celebración
Será do 28 de novembro ao 5 de decembro e contará con cinco establecementos participantes
Ribas de Sil presenta o programa de actividades para conmemorar o 25N
As actividades terán lugar os días 24 e 25 de novembro e estarán enfocadas á sensibilización e prevención da violencia machista
A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza unha tarde de teatro no Cuartel Vello
A representación correrá a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla, que levará ao escenario a obra “Vémonos no banco”
O Concello de Monforte pon en marcha un circuíto de obradoiros de cociña de outono nas parroquias
Impartiranse en formato ‘showcooking’ en Santa Mariña, Seoane, A Penela, Distriz, Chao do Fabeiro e Sindrán
O Concello de Taboada pon fin este domingo ao Ciclo Mestre Mateo
O Cuartel Vello acollerá a proxección de ‘Aurora’, premiada como mellor documental no certame
O Concello de Pantón organiza unha actividade dirixida a homes no marco do 25N
O encontro ten como obxectivo reflexionar sobre cuestións como a responsabilidade dos homes para acabar coa violencia machista.
A Pobra do Brollón acollerá o pase de outono de Vendaval, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra
Será o 22 de novembro e contará coa proxección de catro curtas na Casa da Cultura
A Pobra do Brollón acolle este xoves a presentación da segunda edición da ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’
A obra pretende achegar o mundo dos fungos ao público xeral cun enfoque divulgativo e accesible
O ciclo “Música no Outono” regresa a Sober cun concerto do cuarteto de saxos Mezzo Quartet
A iniciativa, promovida polo Concello e as Xuventudes Musicais de Sober, busca achegar a música á veciñanza
Amigos do Patrimonio de Lemos e O Colado do Vento organizan unha conferencia sobre Monforte durante a Idade Media
Será este venres, 14 de novembro, e estará a cargo de Luis Manuel Ibáñez Beltrán, doutor en Estudos Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela
“Pura”, a curta gañadora de varios Premios Mestre Mateo, chega este venres a Quiroga
Dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que regresa á súa casa para reencontrarse consigo mesma, e será proxectada esta tarde na Casa da Cultura
Cancelado en Pantón un curso para mellorar as competencias dixitais das persoas maiores
Tiña previsto celebrarse os días 10 e 11 de novembro e os participantes aprenderán a utilizar de forma segura Internet e as aplicacións móbiles
Pantón celebra este domingo unha xornada micolóxica
Estará guiada por Enrique Vera, da Sociedade Micolóxica de Madrid, e Ramón Losada Pérez, da Sociedade Micolóxica de Sober
Os escritores Pablo Veiga e Fernanda Arrojo organizan unha presentación literaria en Monforte
O encontro celebrarase este venres na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
O CIM de Chantada presenta o programa de actividades para conmemorar o 25N
A campaña deste ano, baixo o lema “Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N”, inclúe contacontos, charlas, exposicións e accións de sensibilización
A poeta Olga Novo dará unha charla sobre a represión franquista contra a arte na Pobra do Brollón
Será este próximo venres na na Casa da Cultura
Bóveda acolle este xoves un obradoiro sobre como detectar bulos en internet
Terá lugar na biblioteca e está dirixido a maiores de 14 anos
Pantón celebrará o vindeiro sábado unha pancetada e magosto popular no Pavillón Municipal
A actividade, pensada para promover a convivencia veciñal e celebrar os sabores do outono, contará coa actuación musical do Dúo Paradise
A Pobra do Brollón acollerá a presentación da segunda edición da ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’
Será o vindeiro xoves, 13 de novembro, na Casa da Cultura Olga Novo
Chantada e Monforte acollerán unha formación gratuíta en prevención de riscos laborais
O curso, promovido por Acción contra o Fame, ten como obxectivo favorecer a inserción laboral e ofrecer novas oportunidades de emprego en sectores con alta demanda de persoal cualificado
A XXXVI Festa da Castaña do Courel chega a Seoane do 7 ao 8 de novembro
Degustacións, obradoiros e música encherán o programa deste ano




