Ribas de Sil amplía o equipamento para a XXII Feira da Cereixa, do Viño e do Aceite

RibeiraSacraXa
O Concello inviste 12.584 euros na adquisición de novos stands de madeira de cara á edición de 2026
stands-feira-da-cereixa-de-ribas-de-sil
31 May 2026

O Concello de Ribas de Sil continúa cos preparativos da XXII edición da Feira da Cereixa, do Viño e do Aceite, que se celebrará os días 6 e 7 de xuño de 2026 na praia fluvial de San Clodio, en colaboración coa Deputación de Lugo e o Xeoparque Montañas do Courel.

Como novidade desta edición, o Concello incorporou oito novos stands de madeira aos oito xa existentes, ata completar un total de 16. A adquisición supuxo un investimento de 12.584 euros e forma parte dunha liña de planificación económica que, segundo a información municipal, aposta por equipamentos duradeiros fronte ao alugueiro de material para eventos.

Nesta mesma estratexia inclúense outras actuacións recentes como a compra de alumeado de Nadal, equipamento de son, carpas e mobiliario para actividades municipais.

Desde o Concello sinalan que o uso destes novos stands, integrados coa contorna, permitirá mellorar a imaxe da feira nesta nova edición.

A Feira da Cereixa, do Viño e do Aceite, con máis de dúas décadas de traxectoria, está consolidada como unha das citas destacadas da Ribeira Sacra e reúne cada ano a milleiros de visitantes. O evento pon en valor o sector primario e os produtores locais, así como o patrimonio gastronómico da zona.

O programa da edición de 2026 será presentado proximamente e incluirá, como é habitual, actividades lúdicas e festivas, ademais de degustacións de cereixas e outros produtos típicos da comarca.

0.093924999237061