O Pereiro de Aguiar avanza na construción dun novo aparcadoiro xunto á igrexa de San Salvador

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa execución dos traballos para habilitar un novo espazo de aparcamento na contorna da igrexa de San Salvador.
A actuación permitirá ampliar as posibilidades de estacionamento nesta zona e mellorar a accesibilidade, dando resposta ás necesidades da veciñanza.
Os traballos están a desenvolverse grazas á colaboración entre o Concello do Pereiro de Aguiar e o Bispado de Ourense. A intervención forma parte das actuacións postas en marcha desde o Concello para a mellora dos espazos e dos servizos municipais, e que inclúen tamén novas prazas de estacionamento na propia vila de Pereiro.