O Cuartel Vello de Chantada enche o seu auditorio coa proxección de ‘O son da serra’

RibeiraSacraXa
O auditorio rexistrou unha gran afluencia de veciños e visitantes que quixeron coñecer esta peza audiovisual e conversar cos seus responsables
'O Son da Serra' Taboada
Foto: Concello de Taboada
17 Nov 2026

O auditorio do Cuartel Vello acolleu a proxección do documental ‘O son da serra’, unha cita que reuniu a un numeroso público formado tanto por veciños e veciñas como por visitantes interesados en coñecer de primeira man este traballo audiovisual.

A sesión contou coa presenza dos seus directores, Pau e Ana Belén, integrantes de Nénesis Audiovisual, a produtora responsable da peza, quen puideron compartir cos asistentes os detalles da súa creación.

Tras a proxección celebrouse un coloquio no que participou o axente ambiental Felipe Castro, un espazo de diálogo que espertou un notable interese entre os presentes e que serviu para afondar nos contidos abordados no documental.

Dende a organización mostrouse satisfacción pola resposta do público ante este tipo de propostas culturais, destacando a boa acollida que tivo a cita celebrada o sábado.

0.15060687065125