Monforte investirá 30.000 euros en axudas para fomentar a creación de empresas

RibeiraSacraXa
O prazo para solicitar as subvencións estará aberto ata o 29 de novembro
casa-concello-monforte
Concello de Monforte
7 Nov 2024

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destina, por oitavo ano consecutivo, unha partida de axudas de 30.000 euros para fomentar a creación de empresas.

O prazo para solicitar as subvencións estará aberto dende hoxe ata o 29 de novembro, unha vez foi publicada onte a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A contía destinada para estas subvencións ascende a 30.000 euros, e o importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros. Esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade.

O Alcalde destaca que este Programa de Fomento da iniciativa empresarial no Concello de Monforte de Lemos ano 2024, “contribúe a fixar poboación en Monforte, propiciando un crecemento e desenvolvemento sostibles, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego”.

0.16808390617371