Xa pode verse en Taboada a mostra ‘Mulleres na arte’, de Elsa Martínez

RibeiraSacraXa
Estará aberta ao público até o 25 de xuño na Casa de Cultura
expo-mulleres-na-arte-taboada
10 Jun 2026

A exposición ‘Mulleres na arte’, unha mostra de retratos realizados pola docente e pintora Elsa Martínez que busca poñer en valor e reivindicar as achegas das mulleres ao mundo da arte, xa pode visitarse en Taboada.

A mostra foi inaugurada o pasado sábado nunha xornada que incluíu unha visita guiada e un obradoiro infantil no que os nenos e nenas participantes tiveron a oportunidade de recrear unha obra da artista Suzanne Valadon, nunha actividade que foi moi ben acollida.

A mostra poderá visitarse na Casa de Cultura de Taboada no horario da biblioteca ata o vindeiro 25 de xuño.

A iniciativa está promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Taboada.

0.12358999252319