Un espectáculo familiar pecha o sábado a programación do 8M en Bóveda
RibeiraSacraXa
A compañía Rilo&Penadique poñerá en escena 'O pozo das señoras' ás 17.30 horas na Praza da Filgueira
![rilo penadique pozo señoras](https://ribeirasacraxa.com/wp-content/uploads/2021/03/rilo-penadique-pozo-senoras.jpg)
rilo penadique pozo señoras
11 Mar 2021
Un espectáculo para toda a familia porá fin, o vindeiro sábado día 13, á programación deseñada este ano polo Concello de Bóveda para a conmemoración do Día Internacional da Muller.
A compañía Rilo&Penadique trae ao municipio 'O pozo das señoras', un espectáculo que combina a narración oral e maila música, e no que se presentan historias sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións. Trátase ademais dunha proposta enmarcada no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A representación terá lugar ás 17.30 horas na Praza da Filgueira, trasladándose en caso de mal tempo ao centro sociocultural.