Un espectáculo de rúa para celebrar o Día do Pai en Quiroga

RibeiraSacraXa
O Trio Detrés levará á rúa Real un espectáculo coa música e o ritmo como protagonistas, pero mesturados con rutinas e gags cómicos
miniatura quiroga espectáculo
miniatura quiroga espectáculo
16 Mar 2021

O Concello de Quiroga comeza a desenvolver as actividades lúdicas e culturais que ten programadas para o primeiro semestre deste ano. A primeira, será un espectáculo de animación de rúa, que se desenvolverá o vindeiro venres, con motivo da festividade de San Xosé.

O Trio Detrés levará a Quiroga 'Máis Ritmo', un espectáculo versátil, coa música e o ritmo como protagonistas, pero mesturados con rutinas e gags cómicos. O número, dirixido por Fran Rei, está pensando para todos os públicos.

'Máis Ritmo', unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación e de solucións disparatadas acompañadas da mellor música, poderase ver o vindeiro venres 19, a partires das 18.00 horas, na Rúa Real de Quiroga.

quiroga espectáculo
0.17882490158081