Un curso de nocións básicas de autoprotección no fogar impartirase en Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
Un curso de nocións básicas de autoprotección no fogar impartirase en Folgoso do Courel na Casa da Cultura
concello folgoso courel
concello folgoso courel
17 Abr 2023

O vindeiro 22 de abril, o Concello de Folgoso do Courel acolle un curso de nocións básicas de autoprotección no fogar.

Impartido por Mario Antuña, responsable do GES de Cervo, falarase sobre incendios, gas butano, limpeza de chemineas, etc. relacionadas cos fogares.

Así, o Salón de Actos do Concello acollerá este taller aberto a todo o mundo que queira participar, de 16.30 a 19.00 horas, e para o que haberá que inscribirse chamando ao 982 43 30 01.

Curso Folgoso do Ccourel
0.17847800254822