Taboada inaugura este sábado a exposición “Miradas. Mulleres na arte”, de Elsa Martínez

Taboada inaugura este sábado a exposición “Miradas. Mulleres na arte” cunha visita guiada ás 11:00 horas A mostra, da autora Elsa Martínez, poderá visitarse nas próximas semanas, até o 25 de xuño, e ofrece unha nova perspectiva sobre destacadas creadoras da historia da arte.
Tras a inauguración, celebrarase un obradoiro de 12:00 a 14:00 horas dirixido ao público familiar, recomendado para maiores de 6 anos e con presenza de persoas adultas acompañantes. A exposición está organizada polo Concello de Taboada, a través da Área de Cultura e Deporte.