Taboada acolle este venres a proxección do documental sobre a fotógrafa pioneira Mary Quintero

RibeiraSacraXa
A actividade, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Cuartel Vello
documental-mary-quintero-taboada
26 Jun 2026

Este venres proxectarase en Taboada o documental “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade”, nunha sesión que terá lugar no Cuartel Vello ás 20:30 horas, dentro dunha proxección-coloquio organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Mary Quintero é unha fotógrafa pioneira en toda España no uso do proxector de fondos e do enfoque fotográfico, e conta con importantes distincións a nivel galego e estatal. Ademais, mantén vínculos familiares co concello veciño de Monterroso.

A actividade convida á veciñanza a achegarse para coñecer a súa figura e a súa traxectoria profesional a través desta proxección que combina exhibición audiovisual e espazo de diálogo.

0.12391591072083