Suspendida a Festa da Cultura e a Tradición que se tiña que celebrar hoxe no Courel

RibeiraSacraXa
Suspendida a Festa da Cultura e a Tradición que se tiña que celebrar hoxe no Courel pola situación na que se atopa o municipio
festa cultura e tradicion Courel 2022 1
festa cultura e tradicion Courel 2022 1
23 jul 2022

A Festa da Cultura e a Tradición que debía celebrarse hoxe en Folgoso do Courel, foi suspendida con motivo da situación actual que se vive no municipio da Ribeira Sacra por mor dos incendios.

Con máis de 10.000 hectáreas arrasadas polo lume, os traballos de toda a rexión concéntrase na extinción destes lumes que afectan de xeito moi serio a zonas de todo o municipio.