Son de Corda reivindica na Pobra do Brollón a obra de poetas vinculadas á montaña lucense

RibeiraSacraXa
A formación vocal combina música e poesía nunha cita que homenaxea a autoras contemporáneas con vínculos a este territorio, entre elas Olga Novo
Son de Corda
5 Nov 2026

A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acollerá este domingo, 8 de novembro, ás 19.00 horas, un novo espectáculo do cuarteto vocal Son de Corda. Baixo o título ‘As poetas da montaña’, a proposta combina literatura e música para poñer en valor a achega de escritoras contemporáneas con lazos á montaña lucense.

Durante a actuación recitaranse versos de varias poetas da zona, entre as que figura a autora de Guímara Olga Novo. A montaxe complétase coa proxección de vídeos nos que estas creadoras reflexionan sobre conceptos como a montaña, a condición feminina e a propia poesía.

Son de Corda está formado por catro voces: Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo). A eles súmase, nesta ocasión, o acompañamento ao piano de Raúl Rodríguez.

A iniciativa conta co respaldo da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

0.11954307556152