Repil recupera a memoria colectiva grazas a unha obra colectiva sobre os feitos ocorridos en 1949

Repil será escenario este sábado 18 de abril ás 17:00 horas dun acto de homenaxe á guerrilla antifranquista, no que tamén se presentará o libro “Repil. 20 de abril de 1949”, unha obra colectiva de investigación centrada na chamada batalla de Repil, un sanguento enfrontamento armado que se produciu en abril de 1949 entre os municipios da Pobra do Brollón e Monforte.
O traballo recolle o estudo deste episodio histórico no que seis guerrilleiros foron asasinados pola Garda Civil, un feito que continúa a ser obxecto de análise e recuperación da memoria histórica na zona.
O acto está organizado por Antonio Díaz Amaro, Edicións Positivas e o Proxecto Repil 1949, que impulsan esta iniciativa de lembranza e investigación arredor dos acontecementos ocorridos en 1949.