Pantón retoma o obradoiro de teatro interxeracional para abordar a violencia de xénero

O Concello de Pantón retoma este ano o Obradoiro de Teatro Interxeracional, unha iniciativa enmarcada dentro das actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que xa tivo unha boa acollida na súa edición anterior.
O primeiro encontro desta nova etapa terá lugar o próximo 10 de novembro, ás 17.30 horas, no Edificio Sociocultural.
Durante as sesións, as persoas que se animen a participar terán a oportunidade de aprender técnicas de improvisación teatral, un recurso que servirá como punto de partida para reflexionar sobre a violencia de xénero e coñecer estratexias que permitan facerlle fronte.
Quen estea interesado en sumarse a estes obradoiros pode solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 982 456 005, extensión 4.