Pantón celebra o 30 de maio a XXIV edición da Carreira Popular “Rota do Románico”

O Concello de Pantón organiza e patrocina a XXIV edición da Carreira Popular “Rota do Románico”, unha cita deportiva que contará coa colaboración de iNNOHEROICA na súa organización e que se celebrará o sábado 30 de maio de 2026 no municipio.
A programación inclúe distintas actividades deportivas e de lecer, entre elas probas de running en ruta, unha carreira popular, actividades escolares baixo o nome de “Peque Pantón” e unha andaina aberta ao público.
As inscricións, de carácter gratuíto, deberán realizarse a través da páxina web de Championchip Norte e permanecerán abertas ata o 27 de maio ás 23:59 horas.