Pantón acollerá unha charla sobre a recuperación do Entroido de Budián

RibeiraSacraXa
O acto, de balde, celebrarase o domingo na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón ás 18.00 horas
Conversa 'As tradicións do entroido en Galicia e Portugal' Vendaval Ribeira Sacra
20 Nov 2026

A Casa da Cultura de Ferreira de Pantón acollerá o vindeiro domingo, 22 de novembro, ás 18.00 horas, unha charla centrada no Entroido de Budián, unha das manifestacións de entroido tradicional do concello de Pantón. O acto será de balde. A conferencia correrá a cargo de Rafael Quintía, antropólogo, economista, escritor e realizador de documentais.

Esta charla enmárcase no traballo que vén desenvolvendo a asociación cultural Entroido de Budián, dedicada á posta en valor e á difusión deste entroido pantonés. Esta celebración permaneceu interrompida durante máis de 60 anos, até que no 2022 foi recuperada.

A actividade conta co apoio do Concello de Pantón e en colaboración co Plan Deputación de Lugo. Así mesmo, enmárcase nunha colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), dentro do programa 'Territorio Cultura'.

0.15469479560852