Os Reis Magos chegarán ao Concello de Pantón o vindeiro mércores

RibeiraSacraXa

O vindeiro 5 de xaneiro Pantón acollerá o festival e cabalgata de Reis Magos de Oriente no salón de actos da casa da cultura.

3 ene 2023

O vindeiro 5 de xaneiro Pantón acollerá o festival e cabalgata de Reis Magos de Oriente no salón de actos da casa da cultura.

A partir das 17.00 horas haberá xogos populares e diversos obradoiros ata ás 18.30 horas, momentos no que os Reis Magos aparecerán para repartir entre os nenos e nenas do municipio agasallos para todos e todas as que asistan a este evento.

Esta actividade encádrase dentro do marco das iniciativas que se están a desenvolver no Concello polas festas de Nadal.