Organízanse en Folgoso do Courel uns obradoiros de memoria para persoas de máis de 50 anos

RibeiraSacraXa
Organízanse en Folgoso do Courel uns obradoiros de memoria para persoas de máis de 50 anos durante tres meses
Taller memoria Afamon
Taller memoria Afamon
17 Mar 2023

O Concello de Folgoso do Courel ofrece unha serie de obradoiros de memoria para persoas de 50 ou máis anos de idade.

Esta actividade, en colaboración con Afamon Monforte, é para persoas que non presenten deterioro cognitivo significativo e que queiran potenciar os seus niveis de autonomía.

Estas actividades levaranse a cabo un día á semana desde o 20 de marzo e ao longo de tres meses.

Os luns ás 15.30 horas o obradoiro será en Folgoso, e ás 17.30 horas en Seoane cunha hora e media de duración por sesión.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Concello de Folgoso do Courel ou no teléfono 982 43 30 01.

0.14911103248596