O PP critica o estado da estrada LU-P-4107 e di que prexudica á Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, visitou o municipio de Pantón, xunto con outros representantes populares onde criticou “a falta de mantemento da estrada LU-P-4107, que une Segade e Marce, que é un claro exemplo da falta de compromiso do goberno provincial co desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra”.
LU P 4107 Pantón
8 Dec 2023

O popular explica que “esta vía comunica co lugar da fervenza de Augacaída, un dos puntos turísticos máis visitados da provincia, pero o seu estado non convida a circular por ela”. Isto supón que “os veciños non dispoñan dunha vía en boas condicións e posibles prexuízos aos negocios da zona polas dificultades que atopan os turistas para acceder á zona”, criticou.

Os populares engaden, ademais, que “á vista de que o acceso á fervenza é bastante estreito e acumula bastante tráfico en temporada alta, sería positivo acondicionar unha zona de aparcamento para dar servizo a este espazo”.

Durante a visita ao municipio, os populares tamén subliñaron “o castigo do Goberno de Pedro Sánchez á zona sur da provincia á vista do mal estado da N- 120 ao seu paso por Pantón”.

0.13489294052124