O Pereiro de Aguiar renova a sinalización dos accesos ao municipio

O Concello do Pereiro de Aguiar incorporou novos elementos de sinalización nos accesos ao municipio co obxectivo de facelos máis visibles e identificables para quen chega á localidade.
A actuación busca reforzar a imaxe das entradas ao Concello, dotándoas dunha presentación máis coidada e dunha sinalética que facilite o seu recoñecemento.
Esta iniciativa foi financiada pola Xunta de Galicia, que concedeu unha axuda destinada a este fin por un importe de 29.000 euros.
Desde o goberno local destacan que se trata dun paso máis dentro do seu labor continuado para mellorar as infraestruturas e a imaxe do municipio.