O Pereiro de Aguiar instala alumeado solar na zona do encoro de Cachamuíña

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Concello colocou 24 puntos de luz solares con telexestión nos accesos á senda, o punto de información e as zonas de parque da contorna do encoro
Puntos de luz solar Pereiro de Aguiar
Foto: Concello do Pereiro de Aguiar
19 Oct 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar deu un novo paso na mellora dos seus espazos públicos coa instalación de alumeado solar na contorna do encoro de Cachamuíña. En concreto, instaláronse 24 luminarias de enerxía solar equipadas con sistema de telexestión, distribuídas en diferentes puntos desta zona.

As novas luces ubicáronse na área do punto de información, nos accesos á senda que bordea o encoro e nas zonas habilitadas como parque, co obxectivo de mellorar a visibilidade e a seguridade de quen frecuenta este espazo.

Ao tratarse de luminarias solares, o seu funcionamento non depende da rede eléctrica convencional, o que reduce o consumo enerxético e o impacto ambiental da instalación. Ademais, o sistema de telexestión permite controlar e axustar o seu funcionamento de forma remota, optimizando así o seu uso.

Desde o Concello destacan que esta actuación se enmarca nunha liña de traballo orientada a conseguir espazos públicos máis seguros, accesibles e respectuosos co medio ambiente.

0.16001415252686