O Pereiro de Aguiar avanza na rehabilitación da Casa de Ben-Cho-Shey

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O proxecto conta cun investimento de 200.000 euros e permitirá acondicionar o inmoble para o seu futuro uso como espazo expositivo
Casa de Ben Cho Shey en Pereiro de Aguiar
8 Oct 2026

As obras de rehabilitación da Casa de Ben-Cho-Shey continúan avanzando no Pereiro de Aguiar, nun proxecto destinado a recuperar este inmoble e poñer en valor a súa vinculación coa memoria e coa cultura do municipio.

Os traballos contan cun investimento de 200.000 euros e permitirán acondicionar o edificio para transformalo nun futuro espazo expositivo. Segundo as previsións, as obras poderían estar rematas ante de finais de ano.

A actuación busca tamén reforzar a relación do inmoble coa contorna de Santa Marta de Moreiras, dentro do obxectivo de recuperar e dar novos usos a este espazo ligado ao patrimonio cultural do Pereiro de Aguiar.

0.16835498809814