O Festival de Verán dos Xograres de Lemos reúne numeroso público no Edificio Multiusos de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e polos concelleiros José Luis Losada, José Manuel Mougán e Regina López, asistiu na tarde do 22 de xuño ao Auditorio do Edificio Multiusos para presenciar a segunda edición do Festival de Verán a cargo dos Xograres de Lemos.
Segundo explican desde a asociación cultural, o festival ten como obxectivo promover a cultura, a música e as tradicións galegas, ofrecendo un espazo de encontro e convivencia para a cidadanía e para todas aquelas persoas que valoran e apoian a riqueza cultural propia.
O evento contou cunha elevada asistencia de público, que encheu o auditorio. O programa desenvolveuse cunha variedade de interpretacións musicais a cargo de distintos compoñentes da asociación, nun espectáculo no que tamén tiveron cabida o humor e a música en diferentes formatos.