O Festival de fin de curso da Escola Municipal de Música Samoeiro resultou todo un éxito

RibeiraSacraXa
A Coral Polifónica, o alumnado de música e movemento e diversas disciplinas tradicionais protagonizaron unha xornada na que tamén se entregaron premios do certame infantil das Letras Galegas
festival-fin-de-curso-escoa-municipall-de-musica-samoeiro
24 Jun 2026

A Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón celebrou con éxito o seu Festival de fin de curso no que participaron a Coral Polifónica, a pequenaxe de Música e Movemento, así como o alumnado de percusión, gaita, pandeireta e baile tradicional.

A xornada estivo ademais acompañada por unha representación do alumnado das aulas de galego, que participou na condución do evento, que se desenvolveu como peche do curso académico da escola.

No marco da celebración tamén se fixo entrega dos premios do certame de narración e debuxo infantil das Letras Galegas. As persoas premiadas recibiron diplomas e libros como recoñecemento aos seus traballos.

Na categoría ata 8 anos foron galardoados César (narración e debuxo), Mélody (narración), Lluvia (debuxo) e Antía (debuxo). Na categoría de 9 a 11 anos recibiron premio Diana (narración e debuxo), Súa (narración e debuxo) e Eva (narración). Pola súa banda, na categoría de 12 a 16 anos foi premiado Martín tanto en narración como en debuxo.

0.12443685531616