O Concello de Sober aproba os orzamentos para o ano 2023

RibeiraSacraXa
Os orzamentos do Concello de Sober para o ano 2023 ascenderán ata os 3.
10 ene 2023

Os orzamentos do Concello de Sober para o ano 2023 ascenderán ata os 3.138.243 euros, unha cifra na que prima o gasto social e os investimentos.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor, ademais do carácter social destes presupostos, "que non se sobe ningún imposto nin taxa”.

En concreto, destínase a Benestar Comunitario e Gasto Social arredor de 1.500.000 euros; a Educación, Cultura e Deporte, 450.000 euros, o fomento do emprego conta cunha partida específica de máis de 75.000 euros, e máis de 350.000 euros irán destinados á mellora de camiños, cunha partida especifica destinada á limpeza de cunetas e sinalización.

Tamén se contempla a rehabilitación e equipamento de dúas vivendas en Vilamaior e a humanización das Prazas de Lobios e Campo de Anllo. As contas recollen unha partida para a compra de terreos para un novo Punto Limpo e a continuación das escavacións en Proendos.

Entre as inversións tamén figura a ampliación da gardería municipal, a construción dun novo Punto Limpo, a mellora da Capela da Barca, a mellora dos parques infantís de Arxemil e Canabal, a ampliación da rede municipal de abastecemento ou o resembrado e novos bancos nos campos de fútbol de Sober e A Carqueixa.

Mantéñense ademais as liñas de axudas para todos os niveis educativos; infantil, primaria, secundaria e universidade.

O rexedor destaca a aprobación duns orzamentos "realistas, que van permitir seguir  mellorando servizos públicos e avanzar na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas".

O presuposto municipal conta con máis de 800.000 euros de investimento, incluídos fondos propios, o Plan Único e outras axudas da Xunta de Galicia.