O Concello de Monforte presenta a infografía da nova ponte sobre o río Cab

O Concello de Monforte presenta a infografía da nova ponte sobre o río Cabe que gañou o “concurso de ideas” convocado polo Concello de Monforte no 2020.
A nova ponte, explican desde o Concello, mantén o Malecón tal e como está, coas mesmas zonas verdes e a mesma sombra, porque non se cortan as árbores do río.
“É o meu desexo” continuou o Alcalde “que os veciños e veciñas de Monforte recuperemos parte da nosa historia cunha nova ponte ubicada no Malecón, semellante á antiga Ponte de Ferro que estaba situada no lugar que ocupa a actual ponte nova na Avenida de Galicia, unha ponte que caeu nos anos 50 do século XX”, sinalaba Tomé ao anunciar a apertura do concurso, afirmando que “Recuperar a nosa historia contribúe ao sentimento de orgullo dos monfortinos, recuperando infraestruturas emblemáticas do pasado e ó mesmo tempo melloramos as comunicacións interiores da cidade, facilitando as comunicacións entre veciños e tamén entre as distintas zonas de Monforte”