O Concello de Monforte Monforte súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial da Fibromialxia

RibeiraSacraXa
A Torre da Homenaxe iluminarase esta noite de cor morada con motivo desta efeméride
Torre-da-homenaxe-morado
11 May 2026

O Concello de Monforte súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome da Fatiga Crónica, que se celebra cada 12 de maio, cunha acción simbólica para dar visibilidade ás persoas afectadas por estas enfermidades.

Como mostra de apoio, a Torre da Homenaxe iluminarase esta noite de cor morada, tonalidade que representa estas patoloxías e a loita das persoas que as padecen.

A iniciativa responde á petición realizada pola asociación Fibro Visibles, entidade que traballa para aumentar a visibilidade dunha enfermidade que, segundo sinalan, “está cargada de estigmas e descoñecemento no entorno social, familiar, laboral e mesmo sanitario”. Desde a asociación tamén reclaman a implicación das administracións públicas para “deixar de ser invisibles”.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou o apoio do Concello a esta campaña de sensibilización, asegurando que “dende o Concello sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando a Torre da Homenaxe de morado”.

A conmemoración busca concienciar á sociedade sobre a realidade das persoas que conviven con estas enfermidades, ao tempo que reivindica un maior impulso á investigación, ao diagnóstico precoz e á mellora da atención sanitaria.

Segundo os datos achegados, a fibromialxia afecta a entre tres e catro persoas de cada cen, sendo a maioría mulleres, unha circunstancia que evidencia tamén unha importante fenda de xénero no diagnóstico destas doenzas.

0.11454701423645