O Concello de Monforte avisa dun corte de auga este martes no Polígono do Reboredo e nas parroquias de Piñeira e Distriz

RibeiraSacraXa
O corte esta motivado polas obras de mellora na rede de abastecemento
rede-auga-grifo
20 Apr 2026

O Concello de Monforte de Lemos informa dun corte no subministro de auga que afectará este martes, 21 de abril, ao Polígono do Reboredo e ás parroquias de Piñeira e Distriz, debido a unhas obras de mellora na rede de abastecemento.

Segundo explica a administración local, a intervención ten como obxectivo optimizar o servizo de auga nestas zonas e realizarase na rede de tubaxes. Os traballos serán executados pola empresa concesionaria Aqualia.

O corte estará vixente entre as 9.00 e as 16.00 horas, período no que será necesario interromper o subministro nas áreas afectadas.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza polas posibles molestias que poidan derivarse destas actuacións de mellora.

0.11424994468689