O club de piragüismo Quixós conseguiu seis ouros na Copa Galega de Promoción

RibeiraSacraXa
O club de piragüismo Quixós de Monforte conseguiu seis ouros na Copa Galega de Promoción, tres pratas e un bronce
Club quixós
Club quixós
16 mar 2023

O club de piragüismo Quixós conseguiu 10 medallas na Copa Galega de Promoción que se celebrou o pasado domingo en Tomiño.

Grazas a estas dez medallas, o club, liderado por Iván Gutiérrez, quedou de primeiro posto, diante de Tea Mondariz e Teixugos.

Santi Díaz non puido acompañar ás súas piragüistas por estar xunto a Noa no Seu d’Urgell, no que rematou no posto número 8 da 1ª Copa de España de Kayak Cross.

Das dez medallas, seis foron ouros, tres foron pratas e tamén houbo un bronce.

Así, Sara conseguiu dous ouros en K-1 e en C-1 infantil, Martín levou un ouro en K-1 e unha prata en C-infantil, Abril acadou o ouro en K-1 benxamín femenino, Antón alcanzou o ouro en en K-1 benxamín, Mateo a prata no K-1 benxamín, Rodrigo obtivo un ouro en C-1 e un bronce en K-1 alevín, e Lucas logrou unha prata en C-1 alevín.