O Círculo Saviñao leva a Escairón 'Divers@s', de Bátega Teatro, dentro do seu circuito infantil

RibeiraSacraXa
A compañía levará o seu espectáculo ao auditorio local, con entrada libre até completar aforo
Cículo Saviñao DiverS@s Bátega Teatro
25 Nov 2026

O auditorio de Escairón, no Concello do Saviñao, será escenario este sábado 28 de novembro dunha nova cita do circuito de teatro profesional de outono impulsado polo Círculo Saviñao. A proposta desta semana está dirixida especialmente ao público infantil e correrá a cargo da compañía Bátega Teatro, que representará o espectáculo titulado 'Divers@s'.

Trátase dun contacontos teatralizado pensado para os máis pequenos, que terá lugar ás 18.00 horas. A función é de acceso gratuíto, polo que quen desexe asistir poderá facelo sen necesidade de abonar entrada.

Esta actividade enmárcase dentro da programación de teatro profesional que o Círculo Saviñao vén desenvolvendo durante os meses de outono, unha iniciativa que conta co respaldo da Deputación de Lugo a través da súa área de Cultura.

0.14545202255249