O Ciclo Mestre Mateo regresa á Pobra do Brollón con dez sesións entre xullo e setembro

O Ciclo Mestre Mateo volverá á Pobra do Brollón este verán cun programa formado por 8 longametraxes e 2 sesións de curtametraxes, todas elas gañadoras ou nominadas na última edición dos Premios Mestre Mateo.
As proxeccións desenvolveranse entre os meses de xullo e setembro en diferentes parroquias do municipio, concretamente en Pino, Pacios, Ferreiros, A Pobra, Cereixa, Canedo, Vilachá de Salvadur, Óutara, Salcedo e Eixón.
O ciclo está promovido pola Academia Galega do Audiovisual, co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O programa comezará o 8 de xullo con “Deuses de pedra” Pino, e continuará o día 15 con “San Simón” en Pacios, o, 18 con “Ao son da nova regueifa” en Ferreiros, e o 29 con “Sirat” na Pobra do Brollón.
En agosto será a quenda de “360 curvas” o día 6 en Cereixa, a sesión “Curtas I” o día 8 en Canedo, “As liñas discontinuas” o 9 en Vilachá e “Curtas II” o 14 de agosto en Óutara.
Por último, en setembro o día 5 proxectarase “Antes de nós” en Salcedo e “O silencio herdado” o día 6 en Eixón.
Desde a organización indícase que os detalles de cada proxección iranse comunicando a medida que se acheguen as datas.