O Ciclo Mestre Mateo regresa á Pobra do Brollón coa proxección de 'Deuses de Pedra'

RibeiraSacraXa
O documental dirixido por Iván Castiñeiras poderá verse este mércores 8 de xullo no local social de Pino
deuses-de-pedra-mestre-mateo
7 Jul 2026

A Pobra do Brollón acollerá unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo, que regresa este ano cunha primeira sesión programada para este mércores 8 de xullo no local social de Pino.

A proxección escollida para abrir a programación de 2026 será o documental 'Deuses de Pedra', unha obra dirixida por Iván Castiñeiras.

O filme segue a historia de Mariana, unha nena de catro anos que descobre o mundo a través das ensinanzas da súa mestra nunha das últimas escolas rurais situadas na fronteira entre Galicia e Portugal.

Ao longo da obra, os contos infantís mestúranse con lendas e relatos que forman parte da tradición do territorio no que transcorre a historia. Co paso do tempo, a protagonista vai medrando e a narración acompaña tamén a súa evolución persoal.

Xa aos 17 anos, Mariana enfróntase a unha decisión importante na súa vida: abandonar a súa aldea e separarse da súa nai para continuar a súa formación no estranxeiro.

0.12776494026184