O Centro Sociocultural de Bóveda acolle ata o 6 de agosto a exposición fotográfica ‘Espazos e tempos’

RibeiraSacraXa
A exposición ofrece ao público unha selección do traballo do fotógrafo, que podee verse en horario de mañá
expo-espazos-e-tempos-boveda
19 Jul 2026

O Centro Sociocultural de Bóveda acolle ata o vindeiro 6 de agosto a exposición fotográfica ‘Espazos e tempos’, unha mostra do fotógrafo Rodrigo Fernández López, coñecido como Roi, quen desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional como fotógrafo da delegación de Lemos de La Voz de Galicia.

A exposición ofrece ao público unha selección do seu traballo e permanecerá aberta ao longo das próximas semanas para todas as persoas interesadas. O horario de visita é de luns a venres, entre as 10.00 e as 15.00 horas

0.14496898651123