Novas melloras en estradas e camiños de Quiroga coa actuación do Parque Móbil da Deputación

RibeiraSacraXa
Os traballos permitiron reparar distintos tramos viarios en varios núcleos do municipio por segunda vez nun ano
mellora-estradas-Quiroga-Deputación-PSOE
Actualizada el 2 agosto 2026, 12:41 horas
31 Jul 2026

O PSOE de Quiroga destacou a execución de novas actuacións de mellora na rede viaria do municipio grazas á intervención do Parque Móbil da Deputación de Lugo. Segundo sinala a formación, trátase da segunda vez no último ano que este servizo provincial realiza traballos de rego asfáltico no concello, unha circunstancia que cualifican de excepcional.

As actuacións desenvolvéronse en diferentes puntos do termo municipal e permitiron acondicionar vías que presentaban un avanzado estado de deterioro. Os traballos leváronse a cabo nos lugares da Barça do Castelo, Os Novaes, A Vergaza, Vilañán, Carballo de Hospital e As Covas, onde se executaron reparacións destinadas a mellorar a seguridade e a circulación.

Desde o PSOE local subliñan que estas intervencións son froito da colaboración institucional coa Deputación de Lugo e da interlocución mantida co organismo provincial para atender as necesidades do municipio.

A formación recoñece que a ampla extensión da rede de estradas e camiños de Quiroga fai que as necesidades de mantemento sexan numerosas e que aínda existan outras zonas pendentes de actuación. Neste sentido, asegura que continuará traballando para levar melloras ao conxunto do territorio e reforzar os servizos e infraestruturas das parroquias e do medio rural.

0.1315770149231