Montederramo vive as súas festas do 14 ao 16 de agosto

RibeiraSacraXa
O concello ourensán celebra tres días de música, verbenas e actos relixiosos en honor á Virxe da Asunción e a San Roque, con actuacións de charangas, orquestras e sesións de DJ
montederramo_festas_2026
14 Aug 2026

Montederramo afronta este mes de agosto as súas festas, que se desenvolverán ao longo de tres xornadas, dende hoxe ata o 16, combinando actos relixiosos, pasarrúas, verbenas e sesións musicais para todos os públicos.

O pistoletazo de saída chegará esta medianoite coa actuación do Grupo Lume, á que seguirá unha sesión a cargo de DJ Tariro para animar a primeira noite festiva.

A xornada central, o 15 de agosto, comezará pola mañá cun pasarrúas de Os Airinhos de Caldelas. Ao mediodía, ás 12.30 horas, terá lugar a misa solemne e a procesión en honor á Virxe Asunción. Pola tarde, ás 17.00 horas, a Charanga Nova de Trives porá a banda sonora, mentres que ás 21.00 horas o Dúo Ángel América protagonizará a verbena nocturna, que continuará coa Disco Móvil CDC.

O 16 de agosto estará dedicado a San Roque, con misa e procesión ás 12.30 horas, seguidas dunha sesión vermú amenizada pola Charanga El Tattoo. ​Xa pola noite, ás 21.00 horas, o Grupo Mar Dávila será o encargado da verbena, que se prolongará con DJ Kola ata o peche das festas.

O programa combina así tradición e ambiente festivo, convidando a veciños e visitantes a gozar de tres días intensos de celebración.

0.13336491584778