Montederramo remata as obras de saneamento e pavimentación na Graña

RibeiraSacraXa
A actuación súmase ás recentes intervencións realizadas polo Concello para mellorar os espazos públicos e os servizos no municipio
a-graña-montederramo
6 Oct 2026

O Concello de Montederramo vén de rematar as obras de saneamento e pavimentación realizadas na Graña, unha actuación orientada á mellora das infraestruturas e das condicións do espazo público neste núcleo.

Os traballos forman parte das intervencións desenvolvidas recentemente no municipio para acondicionar diferentes zonas e mellorar os servizos e equipamentos públicos.

Entre estas actuacións atópase tamén a creación dunha nova praza, rematada a finais de setembro. A intervención permitiu renovar este espazo e eliminar as barreiras arquitectónicas que dificultaban a mobilidade, facilitando así o acceso aos equipamentos municipais situados na contorna.

En concreto, as obras melloraron a accesibilidade tanto ao local social como á casa niño. A actuación foi financiada polo Concello de Montederramo e pola Axencia de Desenvolvemento Rural, ao abeiro das axudas destinadas á creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais.

1.4179930686951