Monforte organiza dúas visitas guiadas e gratuítas ao barrio xudeu o vindeiro domingo

RibeiraSacraXa
A localidade súmase á Xornada Europea da Cultura Xudía con dous percorridos comentados pola antiga zona de ámbito hebreo, dentro da programación do Verán Cultural
Xornada Europea Cultura Xudía Monforte
2 Sep 2026

O Concello de Monforte celebrará o vindeiro domingo, 6 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía a través de dúas visitas guiadas pola antiga zona de ámbito xudeu da localidade. Ambos os percorridos sairán desde a Oficina Municipal de Turismo, situada na rúa do Comercio número 6, ás 11.30 horas e ás 18.00 horas.

Esta proposta encádrase dentro da programación do Verán Cultural que impulsa o Concello. Os itinerarios estarán guiados polo investigador local Felipe Aira e terán unha duración aproximada de hora e media. A participación é gratuíta, aínda que quen desexe asistir deberá inscribirse previamente na propia Oficina de Turismo.

Monforte de Lemos forma parte, xunto con outras vinte localidades españolas, da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, unha asociación que pon en valor o legado medieval destas cidades e, en particular, a pegada hebrea presente nelas. Formar parte desta rede permite ao municipio desenvolver iniciativas orientadas a divulgar o seu patrimonio histórico e artístico.

0.174959897995