Monforte acolle a exposición 'Viaxes xudeas' da Biblioteca de Israel

RibeiraSacraXa
Donada pola Biblioteca Nacional de Israel, a mostra poderase ver na Casa da Cultura monfortina ata o vindeiro 5 de abril
exposición viaxes xudeus
exposición viaxes xudeus
9 mar 2021

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, de Monforte, acolle ata o vindeiro mes de abril a mostra 'Jewish Journeys. As viaxes do pobo xudeu'. A exposición foi deseñada e donada pola Biblioteca Nacional de Israel á Rede de Xuderías de España, con motivo das Xornadas da Cultura Xudea 2020.

A través de seis paneis informativos, traducidos ao español, e de 24 fotografías, a mostra analiza e ilustra as diferentes motivacións que o pobo xudeu ten e tivo que afrontar para emprender unha viaxe. Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición.

Fundada en Xerusalén en 1982, a Biblioteca Nacional de Israel, que cedeu esta  mostra, serve de biblioteca tanto ao Estado de Israel como a todos os xudeus do mundo, pois dispón dunha inmensa variedade de contidos en diferentes formatos que documentan a historia, cultura e legado da xente xudea durante séculos.

A exposición, que onte foi inaugurada polo alcalde monfortino, José Tomé, poderase ver na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o vindeiro 5 de abril, só nos días laborables, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16.00 a 21.00 horas. Para visitala haberá que respectar os aforos e recomendacións ante a covid que vaian establecendo as autoridades sanitarias.

monforte exposición viaxes xudeus inauguración