Miguel Ángel Sotuela despediuse da alcaldía de Ribas de Sil tras 26 anos no cargo
RibeiraSacraXa
O tenente de alcalde, Roberto Castro, será o encargado de ocupar o cargo do histórico rexedor socialista
29 Nov 2024
Miguel Ángel Sotuela deixou este xoves a alcaldía de Ribas de Sil, unha decisión que xa fora anunciada o pasado sábado e que se fixo efectiva tras a celebración dun pleno extraordinario celebrado na tarde deste 28 de novembro.
O que foi alcalde de Ribas de Sil durante 26 anos despedíase do cargo, ao igual que o fixo o concelleiro Luís Rodríguez, tamén por xubilación. O tenente de alcalde, Roberto Castro, será o encargado de ocupar o cargo do histórico rexedor socialista.
“Chegou o momento de dar un paso a un lado na política. É unha filosofía que tiñamos de servizo público os dous e no momento no que nos xubilamos debemos deixar que outra xente máis nova continúe o labor que nos viñamos desenvolvendo”, sinalou