Miguel Ángel Sotuela despediuse da alcaldía de Ribas de Sil tras 26 anos no cargo

RibeiraSacraXa
O tenente de alcalde, Roberto Castro, será o encargado de ocupar o cargo do histórico rexedor socialista
Miguel Angel Soutela
29 Nov 2024

Miguel Ángel Sotuela deixou este xoves a alcaldía de Ribas de Sil, unha decisión que xa fora anunciada o pasado sábado e que se fixo efectiva tras a celebración dun pleno extraordinario celebrado na tarde deste 28 de novembro.

O que foi alcalde de Ribas de Sil durante 26 anos despedíase do cargo, ao igual que o fixo o concelleiro Luís Rodríguez, tamén por xubilación. O tenente de alcalde, Roberto Castro, será o encargado de ocupar o cargo do histórico rexedor socialista.

“Chegou o momento de dar un paso a un lado na política. É unha filosofía que tiñamos de servizo público os dous e no momento no que nos xubilamos debemos deixar que outra xente máis nova continúe o labor que nos viñamos desenvolvendo”, sinalou

0.17548418045044