Marilar Aleixandre presentará “As bocas cosidas” no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro venres 19 de xuño, ás 20.00 horas, a presentación do libro As bocas cosidas, da autora Marilar Aleixandre.
O acto está organizado pola libraría Agrasar e contará coa presenza da propia escritora, que dará a coñecer a súa nova obra nun encontro aberto ao público.
Na presentación participará tamén o arqueólogo e investigador Xurxo Ayán, que acompañará a autora no diálogo arredor do libro.