Marián Martínez incorpórase ao equipo de Goberno da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Marián Martínez tomou posesión do cargo de concelleira tras a xubilación de Manuel González Moreira
Marián Martínez
Marián Martínez
26 Nov 2024

Este mediodía celebrouse un pleno extraordinario do Concello da Pobra do Brollón para a toma de posesión da concelleira Marián Martínez. A incorporación chega tras a xubilación do ex-concelleiro Manuel González Moreira.

Martínez, de 43 anos e administrativa de profesión, traballou tanto no sector privado como no público, feito que lle fai boa coñecedora do funcionamento interno das administracións.
A nova concelleira é unha veciña moi activa na vida comunitaria do municipio, alumna da Escola municipal de Música Samoeiro, seguidora do C.D. Brollón e en xeral, partícipe da actividade cultural da Pobra.

Estará ao fronte da concellaría de Educación e Cultura. Na toma de posesión, Marián Martínez afirmou que ‘asumo esta responsabilidade con moita ilusión por poder contribuír a incrementar a calidade de vida na Pobra do Brollón, e con moito agradecemento pola confianza tanto do equipo de goberno como da veciñanza’.

‘Coa esta incorporación progresamos nesta etapa de renovación da corporación municipal,’ declara o alcalde Xosé Lois Maceda. ‘Marián representa unha nova xeración comprometida e con ganas de mellorar o futuro da Pobra do Brollón.’

0.17129802703857