María Saco presenta en Chantada a súa primeira obra, 'La Real Aacademia de mis pensamientos'

A localidade lucense de Chantada vivirá este sábado, 26 de setembro, unha cita coa literatura da man da Irmandade Cultural País do Faro, entidade que organizou a presentación de 'La Real Aacademia de mis pensamientos'. Trátase do primeiro libro da autora chantadina María Saco.
O acto terá lugar no Círculo Recreativo Cultural de Chantada e comezará ás 19.30 horas.
Ademais da propia autora, participará na presentación Xosé Randolfe Vilariño. A cita contará tamén cun acompañamento musical, a cargo de Isaac Ferreiro, que porá o peche sonoro á xornada.