Manzaneda mellora a estrada que comunica a vila con San Martiño

RibeiraSacraXa
Os traballos permiten completar a capa de rodadura dun tramo que quedara fóra do proxecto inicial
estrada-manzaneda-san-martiño
5 Oct 2026

O Concello de Manzaneda está a executar traballos para mellorar a capa de rodadura da estrada que comunica os núcleos de Manzaneda e San Martiño, unha actuación que permitirá completar a mellora dunha vía que quedara parcialmente sen acondicionar.

O primeiro tramo non fora incluído no proxecto inicial, polo que a actuación actual permite dar continuidade aos traballos ao longo da estrada e completar a capa de rodadura.

As obras están financiadas integramente pola Deputación de Ourense, que achega 10.000 euros para o primeiro tramo e outros 150.000 euros para o segundo, o que supón un investimento total de 160.000 euros.

O Concello de Manzaneda prevé continuar coa actuación coa mellora das beirarrúas ao longo de todo o tramo, co obxectivo de completar o acondicionamento da contorna da estrada.

0.14344596862793