Manzaneda estrea un novo espazo de encontro para os veciños

RibeiraSacraXa
O novo espazo, xestionado polo Concello, permitirá aos veciños xogar ás cartas, ler o xornal ou tomar un café en horario de mañá
casa-do-concello-manzaneda
15 Sep 2026

Manzaneda conta cun novo espazo de encontro para os seus veciños, situado no local coñecido como O Estía. A instalación estará xestionada de maneira exclusiva polo Concello, que se comprometeu a seguir acondicionando o espazo de xeito progresivo para adaptalo ás necesidades dos usuarios.

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer un punto de encontro onde os veciños poidan gozar de actividades como xogar ás cartas, ler o xornal ou tomar un café, fomentando así a vida social e comunitaria no municipio.

O local permanecerá aberto en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, segundo informou o Concello de Manzaneda, que convidou a todos os veciños a se achegar e gozar do novo espazo.

0.14011883735657